O infinitivo conxugado é un dos elementos máis senlleiros do galego-portugués. É o único idioma románico (xunto co sardo logudorés, mais aquí está en franca decadencia) que presenta o infinitivo con desinencias de conxugación.
É fundamental que non se perda en galego, pois é un dos seus signos identitarios máis importantes. Eis as súas desinencias nas tres conxugacións (de facto aparece en catro persoas, ficando dúas delas sen desinencia ou como desinencia :
FALAR
falar
falares
falar
falarmos
falardes
falaren
BEBER
beber
beberes
beber
bebermos
beberdes
beberen
PARTIR
partir
partires
partir
partirmos
partirdes
partiren
Canto ao seu uso, non é tan complexo como adoitan mostrar os manuais gramaticais. O seu uso é facultativo, mais convén facerse servir del cando sexa pertinente. Podemos esquematizar as regras do seu emprego do seguinte modo:
a. infinitivos introducidos por unha preposición (cláusulas completivas ou finais)
- É un bo día para irmos de excursión.
- Teñen os labios cheos de chocolate por non lavaren a boca
2. Uso como suxeito
a. Verbos impersoais cun infinitivo como suxeito
- Convén teres unha resposta preparada.
- Cómpre levardes o asunto con discreción.
- Gústame termos este bo ambiente na casa.
b. Construcións impersoais co verbo ser e SA/SN
- Sería bo preparardes a reunión de antemán, non?
- É mágoa non quedardes máis tempo connosco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario