Unha das diferenzas máis interesantes do galego é a distinción entre nós e nosoutros/as.
Nós ten un uso xeral, de referencia á primeira persoa do plural sen máis, que se acostuma dicir de uso exclusivo.
Porén, para nosoutros/as o uso é moito máis restrito, pois refírsese a eu+ti. Por iso, fálase dun uso inclusivo.
O seguinte gráfico pode representar a diferenza:
nós
|
nosoutros/as
|
eu
tu
el
ela
(…)
|
eu
ti ~ vós
|
Por tanto, nós ten un uso xeral, válido para todos os casos, mentres nosoutros teno moito máis restritivo, porque de facto é tu e mais eu ou vós e mais eu.
- Nós faremos a tradución (non inclúe forzosamente ti nin vós)
- Nosoutros faremos a tradución (inclúe ti e/ou vós).
Ningún comentario:
Publicar un comentario