A comparación é un fenómeno flexivo que se dá en todas as linguas.
Afecta principalmente aos adxectivos e adverbios por un lado, e aos nomes por outro, con diferenzas canto ao seu uso.
A comparación no xeral representa tres graos: superior, inferior e igual.
(a) A COMPARACIÓN DE ADXECTIVOS E ADVERBIOS (A):
Realízase principalmente con verbos estáticos (ser, estar, ficar, quedar, resultar)
* A comparación de superioridade (>)
máis + A + que/ca
* A comparación de inferioridade (<)
menos + A + que/ca
* A comparación de igualdade (=)
tan + A + como/coma
Exemplos:
- Xúpiter fica máis lonxe que a Terra do Sol.
- Xúpiter fica menos lonxe que Saturno do Sol.
- A Lúa fica tan lonxe como a Terra do Sol.
- Andrea é maior ca min (dialectal; que eu)
- Eu son máis sensíbel ca ti.
Algúns adxectivos e adverbios coñecen unha forma sintética, que pode, ou non, cohabitar coa analítica:
BO, BOA | BEN > mellor
- Os meus profesores foron mellores que os teus.
- Os meus profesores foron peores que os teus.
- Carla é maior| máis vella ca nós
- A Terra é meirande | máis grande que a Lúa.
- Miña irmá é menor | máis pequena ca min
(b) A COMPARACIÓN DOS NOMES (N)
Realízase principalmente con verbos non estáticos (ser, estar, ficar, quedar, resultar)
* A comparación de superioridade (>)
máis + N + que/ca
* A comparación de inferioridade (<)
menos + N + que/ca
* A comparación de igualdade (=)
tanto + N + como/coma
Exemplos:
- Eu teño máis experiencia ca vós.
- Eu teño menos experiencia ca vós.
- Eu teño tanta experiencia como o resto da xente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario