Para expresar a reflexividade, o galego só marca o obxecto directo:
Polo xeral, chega co clítico (en acusativo, na 3P se)
- Laveime ben esta mañá.
- Enfeitácheste formal hoxe?
- Non nos vemos no espello.
Se se quere enfatizar cun pronome, este acostuma ir acompañado de mesmo(s)/a(s) ou propio(s)/a(s).
- Laveime ben a min mesmo/a esta mañá.
- Enfeitácheste ti mesmo/a formal hoxe?
- Non nos vemos a nós mesmos/as no espello.
O galego, á diferenza do castelán, non expresa o reflexivo cando se trata do obxecto indirecto:
- *Pinteime os beizos > pintei os beizos
- *Lavouse a cara > lavou a cara
Para a reciprocidade, úsanse os clíticos da mesma maneira que na reflexividade:
- Criticámonos sempre con moito respecto
- Escribiádesvos todos os meses.
- É mellor non nos insultarmos
Loxicamente hai casos de ambigüidade, como en;
- Os actores gustaban de se describir espontaneamente
No exemplo anterior, pode entenderse que se describen a si mesmos/as ou uns aos outros.
Como se ve, a forma plena da reciprocidade é un(s) ao(s) outro(s) | unha(s) á(s) outra(s).
- Os conselleiros louvávanse uns aos outros despois do consello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario