luns, 6 de decembro de 2021

Formas sintéticas e analíticas

En galego, como en todas as linguas románicas, determinados monemas poden ser expresados dun xeito analítico ou sintético.

Un monema sintético é aquel resulta unha forma única, por exemplo, a forma verbal cantara en galego é sintética, mentres que a súa equivalente castelá había cantado é un monema analítico, pois utiliza máis dun elemento.

O galego utiliza formas sintéticas de preferencia, á diferenza doutras linguas románicas, mais non é sempre así. Eis algúns casos en que en determinadas categorías hai unha forma sintética e outra analítica, aínda que non sempre teñan un uso idéntico:

  1. Futuro de indicativo: falarei ~ vou falar
  2. Condicional: falaría ~ ía falar
  3. Posesivo: unha miña manía ~ unha manía de meu.
En galego, da súa evolución do latín, conserva algunhas formas analíticas no comparativo, que nalgúns casos alterna coa súa equivalente sintética:
  • O romance de Laura é mellor que o de Linda, onde mellor = máis bo.
  • A xornada foi moito peor do previsto, onde peor = máis má, máis ruín.
  • A nosa casa é meirande | máis grande que as restantes da vila.
  • Xoana é maior | máis vella ca Carme.
  • Lois é menor | máis novo ca Artur.

Hai formas verbais que son sempre analíticas, entre elas as perífrases, mais tamén as formas de estar a + PARTICIPIO:

  • Continúo a procurar o libro de receitas.
  • Non dan aprendido a táboa de verbos. 
  • Creo que xa tes lido ese libro moitas veces.
  • Estoulle a preguntar polo que fixo onte.


Ningún comentario: