A preposición de ten algúns usos propios en galegos que convén sinalar, nomeadamente en expresións temporais:
Úsase cos momentos do día:
- Veño mañá de tarde.
- Hoxe de mañá estivemos na feira.
OBS: Neste mesmo uso serve á: á mañá, á tarde, á noite, á noitiña e ao serán (masculino).
Obsérvese ademais:
- Mañá de mañá (en portugués: amanhã de manhã).
Tamén se usa de diante dos días da semana:
- De luns temos un exame
- Nunca traballamos de sábado
En portugués úsase para expresar medios de transporte, que en galego quedaría así:
- Fixemos toda a viaxe de tren
- Para chegar ao centro, o mellor é irdes de autobús.
Ningún comentario:
Publicar un comentario