En galego, como en todas as linguas románicas, existe unha soa proxección do adxectivo, o sintagma adxectivo (SA), cuxa estrutura é moito menos complexa que o sintagma nominal.
Evidentemente, o adxectivo ten que ser, por forza, o núcleo do SA. Este pode aparecer só:
- Era unha [SA [A boa]] persoa.
O adxectivo pode ir precedido dun Cuantificador (Q), mais sen funcionar coma un Sintagma Cuantificador (SQ), é só un especificador, de natureza adverbial, con esta estrutura:
[SA [Q] [A]] /\ [SA [A] [Q]]
- Era unha [SA [Q moi] [A boa]] persoa.
- Teño uns licores [SA [Q realmente][A magníficos]] na casa
- A xente de por aquí éche [SA [Q ben] [A simpática]]
- Esas laranxas son [SA [A ruíns [Q de máis]]
As proxeccións pola dereita son posíbeis normalmente cun SP:
[SA [Q] [A] [SP]]
- É un libro [SA[A doado [SP de ler]]
O SA pode aparecer como complemento do nome ou como complemento do verbo. Para o primeiro caso, véxase aquí.
O SA que funciona coma complemento verbal adoita ser un atributo, con concordancia co suxeito.
- Os teus fillos camiñan [SA [Q moi] [A lentos]]
Ningún comentario:
Publicar un comentario