Non se acentúan os interrogativos nin coma directos nin coma indirectos Só se acentúan para evitar posibles anfiboloxías:
- dille que queres
- dille qué queres
Non se acentúan os demostrativos cando funcionan coma pronomes.
- Non sei se prefiro este ou aquel.
Non se acentúan os verbos da mesma maneira cando van amalgamados con pronomes clíticos: cantará mais cantarase, cantarame. É excepción é en éo, éche, énos, etc. que sempre mantén o seu acento.
Non se acentúan en ningún caso os adverbios rematados en -mente.
Non son palabras esdrúxulas senón graves:
- atmosfera, heroe, omoplata, parasito, paxaro, diocese,
Son palabras esdrúxulas e non graves:
- auréola, alvéolo, rubéola, anódino, termóstato, réptil (e todos os rematados en –til, como téxtil), térmite
así como a terminación: –íaco/a: austríaco, cardíaco etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario