Xa foron analizados os casos en que o galego existe contracción entre a preposición e o artigo. Trátase de dous casos abondo diferentes.
O primeiro caso para analizarmos é o encontro da preposición co pronome no canto do artigo numeral. É artigo cando vai seguido dun nome:
- Heiche falar dun novo proxecto interesante
- Cunha pílula abóndame.
Ora ben, cando se trata dun pronome, isto é, que o nome non aparece, daquela a contracción non é posíbel. Os exemplos anteriores ficarían reescritos así:
- Heiche falar de un novo, moi interesante.
- Con unha abóndame.
Ningún comentario:
Publicar un comentario