martes, 26 de xaneiro de 2010

Colocación do clítico diante do infinitivo

En galego é moi correcto, mesmo recomendábel, colocar o clítico diante do infinitivo en determinadas circunstancias:

1. Cando antes veña unha preoposición
  • Xa son horas de me devolveres os apuntamentos
  • Trouxérono para o examinares con calma
Obsérvese como, ademais, é ben frecuente empregar o infinitivo conxugado nestes casos.
 
2. Detrás de certas conxuncións
  • Teñen que se pór de acordo de vez
  • Eu non sei como llo dicir
 3. Detrás das negacións
  • É mellor non lle dicir(mos) nada
 Obviamente, nestes casos tamén o clítico pode ir despois do infintivo.

Ningún comentario: