martes, 26 de xaneiro de 2010

Regras de acentuación dos ditongos decrecentes

As palabras agudas rematadas en ditongo decrecente (aqueles ditongos que rematan en -i- ou -u-) non se acentúan en galego, á diferenza do castelán, onde si se acentúan. É importante estar atentos a esta norma. Obsérvense os casos seguintes onde NON hai acentuación en galego:
  • ademais
  • xamais
  • fatais
  • vicerrei
  • papeis
  • españois
  • azuis
  • bonsai
  • falei
  • roubou
  • xudeu / xudeus
  • bacallau / bacallaus
Si se acentúa, porén, a combinación -uí-:
  • xesuíta
  • posuír
  • circuíto

Ningún comentario: