O galego é a única lingua románica que distingue, ao nivel dos clíticos, entre acusativo e dativo na segunda persoa do singular xunto co romeno ou romanés.
A distinción de acusativo e dativo correspóndese coa diferenza entre obxecto directo e indirecto respectivamente.
Nas linguas románicas a distinción entre acusativo e dativo faise na terceira persoa. Obsérvense os seguintes exemplos de diversas linguas románicas:
FR:
- Est-ce que tu vois Pierre? Oui, je le vois. (acusativo)
- Est-ce que tu vois Piere? Oui je lui vois la tête. (dativo)
- Vedi Piero? Non, no lo vedo. (acusativo)
- Vedi Piero? Sí, gli vedo la testa. (dativo)
- ¿Ves a Pedro? No, no lo veo. (acusativo)
- ¿Ves a Pedro? Sí, le veo la cabeza. (dativo)
- ¿Ves a Pedro? No, no o vexo. (acusativo)
- ¿Ves a Pedro? Si, véxolle la cabeza. (dativo)
- Vesme? Si, véxote
- Vesme? Si, véxoche a cabeza
Obsérvese como moitos verbos admiten dous obxectos, un directo e outro indirecto. Normalmente, cando se pode engadir a palabra 'algo' estamos perante un obxecto directo, polo que poderíamos aplicar unha norma que serve en moitos casos (non en todos):
- facerche algo → fágoche algo
- dicirche algo → dígoche algo
- darche algo → douche algo
- pedirche algo → pídoche algo
- entender algo/alguén → enténdote (mais: enténdo·che as ideas)
- coñecer algo/alguén → coñézote (mais: coñézo·che as debilidades)
- aprezar algo/alguén → aprézote moito
- Gústache a crema de chocolate?
- Préstache o café tan forte?
- Dóeche a cabeza?
- Éche a cousa máis fata que nunca ouvín
- O tipo fálache cinco idiomas perfectamente
- Vaiche boa.
- Lávaste hoxe ou non che toca?
- Explícaste coma un libro fechado, meu.
- Non te queixes tanto
- Non te preocupes que todo irá ben.
- As noces, tróuxenchas todas.
- Non cho vou repetir máis veces.
Ningún comentario:
Publicar un comentario