Unha das cuestións máis complicadas na lingua galega é o uso da preposición a co obxecto directo (OD) referido a persoa. En xeral, os falantes comúns tenden a usala igual que se fai en Castelán, cando isto non é correcto. Doutra banda, non se usa igual que noutras linguas, como francés ou catalán, mais tampouco como en portugués, que prescinde da preposición nos máis dos casos.
Véxase o relativo á estrutura dos sintagmas proxección dun nome para unha mellor comprensión do que vén a seguir.
Por tanto, trataremos de estabelecer as normas que rexen o uso desta preposición co obxecto directo.
1. Úsase a preposición
a. Cando o OD é un nome propio
- Saúda a María, ho.
- Coñeces o Pedro? e non *Coñeces ao Pedro?
- Non coñecín a ninguén pola rúa
- Viches a alguén na praza
- Saudeivos a vós, non recordas?
- Respecta a quen che axuda.
- Atende primeiro a estes, que teñen présa.
- Coñecín a teu pai o outro día, mais: Coñecín o teu pai o outro día.
2. Omítese a preposición
a. Cun SN
a. Cun SN
- Coñezo xente que é moi hábil para estas cousas.
- Contratei traballadores da aldea veciña.
- Vin uns nenos aí fora
c. Cun SD (excepto se se tratar dun pronome,vid.1.b)
- Vouche presentar o meu socio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario