martes, 26 de xaneiro de 2010

Os grupos -cc- e -ct- tras -i- e -u-. O grupo -scrición

A normativa galega actual (2003) indica que as palabras que anteriormente se escribían con -cc- e -ct-  pasan a reducir o primeiro -c- cando diante vén -i- ou -u-. Deste xeito, agora hase escribir:
  • dición, dicionario
  • produción, produto
  • estrutura etc.
Existen excepcións a esta norma, nomeadamente cando se trata de termos moi cultos, en cuxo caso se manteñen as dúas consoantes:
  • ficción
Véxase ademais o verbo reflectir, que mantén o grupo en todo o paradigma:
  • reflectir (e todo o seu paradigma: reflicto, reflictes, reflicte, reflectimos, reflectides, reflicten (...), reflicta, reflictas...
Ademais, os derivados cultos de escribir presentan a forma -scrición (fronte ao castelán -scripción):
  • inscrición, 
  • descrición
  • adscrición

Ningún comentario: