A posición natural dos clíticos é a énclise, isto é, despois do verbo.
Aos efectos da acentuación, o clítico forma unha unidade co verbo:
- dixen, mais díxenlle
- falas, mais fálalo
- partín, mais partino
- falou, faloume, mais falóuseme
- entendo, mais enténdoo
Algunhas formas acentuadas por teren un diacrítico manteñen o dito diacrítico:
- é → évos
- pór → pórlle
A próclise, isto é, a colocación do clítico diante do verbo, prodúcese en varias circunstancias. Este movemento vén provocado pola presenza de certos elementos na frase:
1. Cunha partícula negativa (non, nunca, xamais):
- Non me dixeron a verdade.
- Eles nunca nos confían os seus segredos.
2. En cláusulas dependentes introducidas por calquer complementador (que, como, se, cando, onde, mentres...)
- Espero que nos deixen entrar.
- Mentres vos acuriosades un pouco, nós imos tomar algo por aí fóra.
- Non esquezades chamarnos cando vos lembredes.
3. Con certos adverbios como tamén, xa, si
- Si nos deron o seu número de telemóbil
- Xa te recordo, ho.
- Ben o coñezo
- Todo mo deu el
- Axiña cho digo (mais tamén: axiña dígocho)
Ningún comentario:
Publicar un comentario