En galego, como en todas linguas románicas, existen distintos tipos de sintagmas que son proxección dun nome.
Esquematicamente, podemos establecer os tipos de sintagmas paranominais da seguinte forma (atendendo para o facto de que a súa ampliación é sempre para a esquerda):
1. Sintagmas só co nome (xeralmente obxectos), aínda que poden ir acompañados dun Sintagma Adxectivo.
- Merquei [SN [ N azucre [SA[A integral]]]]
2. Sintagmas cun determinante (artigo definido, posesivo, demostrativo) antes do nome.
- [ SD[D O meu [SN[ N auto [SA [A novo]]]]]] é unha marabilla.
- [SQ [Q Moita [SN [N xente]]]] non quere esa estrada aquí.
- Dáme [SQ [Q unha [SN [N caixa]]]], por favor.
4. Sintagmas con preposición (poden ter determinante ou non).
- A señora marchou [SP [P para [SD [D a [SN [N casa]
- Merquei [SD [D estas [SN [N camisolas ]]]] [SP [P para [SD ti]]]]
É fundamental aclarar que un Sintagma Determinante pode ter tamén como núcleo un Pronome Persoal (véxase o exemplo anterior).
Isto quer dicir que arredor dun nome, sen atender que haxa un Sintagma Adxectivo, poden existir tres proxeccións:
Isto quer dicir que arredor dun nome, sen atender que haxa un Sintagma Adxectivo, poden existir tres proxeccións:
SN > N
SD > D + SN
SQ > Q + SN
SQ > Q + SN
SP > P + SD/SQ
P + SN
Ningún comentario:
Publicar un comentario