En galego, os clíticos da terceira persoa acusativo presentan diver-sas formas segundo o contexto en que se atopen.
Falamos daquela dun mesmo morfema que toma diferentes formas, o cal é coñecido co nome de alomorfo.
Obsérvense as formas que toma o nos seguintes exemplos:
As regras para o uso destes tres alomorfos son máis sinxelas do que parece:
1. Próclise:
– Úsase sempre a primeira forma: o, a, os, as.
Falamos daquela dun mesmo morfema que toma diferentes formas, o cal é coñecido co nome de alomorfo.
Obsérvense as formas que toma o nos seguintes exemplos:
- O pan véndeo na praza.
- O pan vendeuno na praza.
- O pan véndelo na praza
As regras para o uso destes tres alomorfos son máis sinxelas do que parece:
1. Próclise:
– Úsase sempre a primeira forma: o, a, os, as.
- O pan xa o venderon todo
2. Énclise:
– Detrás de vogal e nasal: forma simple
- Véndea
- Cómpraas
- Véxoos
- Cómprano
– Detrás de ditongo: forma con nasal
- Vendeuna
- Comprounas
– Detrás de /-r/ ou /-s/, forma con lateral, mais os fonemas anteriores fican absorbidos, isto é:
- Cantas o > cántalo
- Entender o > enténdelo
Isto hase entender a través de formas arcaicas, algunha delas aínda conservadas no galego eonaviego, que representan estadios anteriores da lingua:
- Entendes-lo (eon.) > enténdelo
- Entender-lo > entendelo
Ningún comentario:
Publicar un comentario