Estas dúas preposicións adoitan causar certa confusión por seren a miúdo confundidas.
Digamos de entrada que até pode substituír a deica en todos os contextos, mais non ao contrario.
ATÉ
Pode tamén presentar a forma ata e significa exactamente o mesmo que o español hasta, tendo en portugués a mesma forma. Ten usos de lugar e tempo, podendo ser usada en dirección cara adiante ou cara atrás na raia cronolóxica. Ademais, até non precisa ter un punto de partida como referente.
DEICA
Equivale ao español de aquí a ou ao portugués daquí a, porque de feito, a súa orixe é esa: de aquí a até se formar deica. Á diferenza da outra preposición, embora tamén teña valor temporal e locativo, apenas serve para ser usada cara adiante, nunca cara atrás na raia cronolóxica. Porén, deica si precisa ter un punto de partida como referente.

- Acompañámolos até a metade do camiño (non importan desde onde)
- Até o ano que vén non haberá máis oportunidades (non importa desde cando deixa de haber oportunidades)
DEICA
Equivale ao español de aquí a ou ao portugués daquí a, porque de feito, a súa orixe é esa: de aquí a até se formar deica. Á diferenza da outra preposición, embora tamén teña valor temporal e locativo, apenas serve para ser usada cara adiante, nunca cara atrás na raia cronolóxica. Porén, deica si precisa ter un punto de partida como referente.
- Acompañámolos deica a metade do camiño (desde aquí)
- Deica o ano que vén non haberá máis oportunidades (a partir deste momento e até o ano que vén)
Caso se teñan dúbidas, úsese até porque serve para todos as circunstancias.
Porén, existe un caso en que deica non pode ser substituído por até. Trátase da equivalencia a dentro de temporal:
- Deica dous meses imos estar todos cheos de débedas.
- Xa verás o teu mozo deica tres meses.
Ningún comentario:
Publicar un comentario