O segundo termo da comparación pódese introducir en galego con ca e que, mais o seu uso non é idéntico.
Todos os segundos termos poden ser introducidos con ca (e o mesmo coma). Porén, só é absolutamente obrigatorio cando o segundo termo da comparación é un pronome persoal, en cuxo caso toma a forma obxecto (de facto só acontece con min e ti).
O uso de que (e por tanto tamén como) abrangue tamén todos os casos, excepto precisamente cando se trata de pronomes persoais.
- Ten máis amigos ca /que ningún outro rapaz na aldea
- É máis alta ca / que o resto das súas compañeiras
- Ten máis amigos ca / *que ti
Porén, en usos fóra da comparación, non se usan nin ca nin coma.
Cando o segundo elemento da comparación, úsase do que:
- Sabe máis do que parece
- Corría máis có / ca o demo
En portugués, o uso de do que é normal en todos os contextos comparativos; ademais, non aparece nunca a forma obxecto do pronome :
- Ele tem mais amigos do que nimigos
Ningún comentario:
Publicar un comentario