O futuro do conxuntivo non se usa na lingua falada, tendo máis ou menos desaparecido hai tempo, embora continúe a ser empregado con total normalidade en portugués. Con todo, o seu uso na lingua escrita, sobre todo a certos niveis formais, está amplamente recomendado e na escrita actual goza dunha relativa boa saúde. Á diferenza do pretérito imperfecto do conxuntivo, o futuro do conxuntivo indica futuro. Esta distinción parece evidente, mais unha parte do problema xace precisamente aí.
Alén diso, o futuro do conxuntivo, canto ás súas formas, é doadamente confundíbel co infinitivo conxugado.
Podemos sintetizar o uso do futuro do conxuntivo nestes casos:
1. En oracións condicionais do tipo I:
- Se tiver tempo, iría dar unha volta
- Diríache quen é se o souber
2. En oracións de relativo referíndose a hipótese
- Quen tiver multas pendentes de pagamento será notificado polo Concello
- Cando: Podes vir cando quixeres (=no momento en que quixeres)
- Á medida que: Á medida que cubriren o cuestonario, poden abandonar a sala.
- Así que: Así que me paguen a nómina, xa che pago a débeda.
- Como: Fai como che dixer.
- Conforme: Actúa conforme lle indicarmos.
- Despois que: Despois que terminares de te vestir, imos fóra.
- Mentres (=encanto): Mentres non deixar de chover, non poderemos saír
- Sempre que: Sempre que tiveres dúbidas, pregúntame.
Ningún comentario:
Publicar un comentario