Antes de nada, convén facer unha aclaración: non é o mesmo un verbo reflexivo que un verbo pronominal. Os verbos reflexivos son aqueles en que suxeito e obxecto son o mesmo (vgr.: eu lávome todas as mañás con auga tépeda). En troques, un verbo pronominal é aquel que precisa un clítico, mais cuxa función é moi variábel ou mesmo non ten nin función. O se pode asumir todos estes papeis.
Por tanto, o se é un clítico que ten un uso moi extenso en galego. Podemos resumir o seu uso nos seguintes puntos:
1. Pronome reflexivo (isto é, cando obxecto e suxeito son o mesmo):
2. Diátetizador* da voz media impersoal: é o se impersoal que se usa en moitas oracións. Na gramática tradicional esta voz adoita ser chamada voz pasiva reflexa, mais esta é unha denominación errónea.
Por tanto, o se é un clítico que ten un uso moi extenso en galego. Podemos resumir o seu uso nos seguintes puntos:
1. Pronome reflexivo (isto é, cando obxecto e suxeito son o mesmo):
- O Xoán lávase sempre con auga fría
2. Diátetizador* da voz media impersoal: é o se impersoal que se usa en moitas oracións. Na gramática tradicional esta voz adoita ser chamada voz pasiva reflexa, mais esta é unha denominación errónea.
- Dixéronse cousas moi graves naquela xuntanza
3. Diatetizador da voz media ergativa, coñecido nalgunhas gramáticas como se involuntario. Aparentemente é unha forma reflexiva, mais na realidade non o é porque non se pode aplicar a fórmula (=si mesmo), como en:
- O foguete destruíuse nas capas máis altas da atmosfera.
Con todo, en galego é moi frecuente omitilo (vid. voz media ergativa ):
- A tubeira dobrou por causa da humidade
- Todas as lanchas afundiron durante o temporal
4. Hai outro se que non ten valor ningún, mais certos verbos sempre precisan un clítico; sen eles, a conxugación é inviábel: arrepentirse, queixarse, xactarse etc.
- Quéixase de todo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario