As oracións condicionais de tipo I ou reais son as máis sinxelas. Teñen como conector máis habitual se, mais poden presentar outros como a menos que, en caso de que que xeralmente rexen conxuntivo (por mor do que).
- Se non te comportas ben, vas ter problemas
- En caso de que non te comportes ben, vas ter problemas ou con infinitivo (conxugado): En caso de non te comportares ben, vas ter problemas.
- A menos que teñas unha boa escusa, non me explico o que fixeches.
Ademais, as construcións con xerundio entran, nos máis dos casos, dentro do tipo I
- Sendo tan egoísta, ninguén non te aceptará (=Se es tan egoísta, ninguén non te aceptará)
As posibilidades de combinacións temporais veñen recollidas no seguinte esquema
___________________________________________________________________
C. CONDICIONAL C. PRINCIPAL __ _
se presente indicativo imperativo
presente indicativo
futuro indicativo
___________________________________________________________________
a menos que pres. conx. presente indicativo
inf. conxugado imperativo negativo
___________________________________________________________________
xerundio imperativo
presente indicativo
futuro indicativo
___________________________________________________________________
Eis algúns exemplos:
- Se falas moitos idiomas, aprovéitao.
- Se falas moitos idiomas, danche traballo axiña.
- Se falas moitos idiomas, atoparás traballo axiña.
- A menos que digas a verdade, non quero verte máis por aquí.
- Falando moitos idiomas, non terás problema cando viaxas polo estranxeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario