martes, 26 de xaneiro de 2010

Algúns conectores temáticos

Estes son algúns conectores temáticos en Galego, que serven para introducir un tema xa coñecido ou mencionado nun discurso:

CANTO A 

Evítese en canto a.
  • Canto á túa proposta, imos examinala atentamente.

A RESPECTO DE / RESPECTO A
  • A respecto da redución das emisións, o relatorio é moi concreto.

A TEOR DE

É moi culto, propio da lingua escrita en niveis moi formais.
  • Quero facer algúns comentarios a teor dos artigos publicados recentemente.

NO RELATIVO A
  • No relativo ás pensións, o goberno tenta transmitir calma.

NO TOCANTE A
  • No tocante ás miñas cousas, espero que as respectes.

EN RELACIÓN A
  • Quero facer un  par de apuntamentos en relación aos comentarios que ouvín.
SOBRE ISTO / SOBRE ESTA CUESTIÓN

Moi empregado na fala
  • Sobre isto, eu quería dicir un par de cousas antes de comezarmos a discusión.

Ningún comentario: