Conforme a norma galega, ambas as estruturas son correctas.
De facto, dentro do noso ámbito galego-portugués, en Portugal úsase a primeira fórmula, mentres que no Brasil prefiren a segunda.
En Galego sería recomendábel servirse da primeira. Hai diversos verbos que rexen estas estruturas de a + INF, entre os cales son os máis comúns:
- estar: estamos a atravesar unha zona de turbulencias
- seguir: espero que non sigas a dicir tanta baballada
- continuar: os veciños continuaron a meter máis e máis ferralla na casa.
- levar: levamos tres meses a traballar sen calefacción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario