A normativa galega actual (2003) indica que as palabras que anteriormente se escribían con -cc- e -ct- pasan a reducir o primeiro -c- cando diante vén -i- ou -u-. Deste xeito, agora hase escribir:
- dición, dicionario
- produción, produto
- estrutura etc.
Existen excepcións a esta norma, nomeadamente cando se trata de termos moi cultos, en cuxo caso se manteñen as dúas consoantes:
- ficción
- reflectir (e todo o seu paradigma: reflicto, reflictes, reflicte, reflectimos, reflectides, reflicten (...), reflicta, reflictas...
- inscrición,
- descrición
- adscrición
Ningún comentario:
Publicar un comentario