A regra xeral é que o feminino das palabras rematadas en -ón sexa -oa:
- patrón > patroa
- anfitrión > anfitrioa
- campeón > campeoa
Ora ben, cando se trata de termos pexorativos ou despectivos, mantense -ona:
- zoupón > zoupona
- lambón > lambona
Isto é así na lingua estándar, mais pode acontecer que nas falas se utilice tamén no segundo caso -oa. Porén, este trazo non pode ser reflectido na lingua escrita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario