martes, 26 de xaneiro de 2010

Benvida



Este blogue foi creado para a resolución de dúbidas lingüísticas dos estudantes de lingua galega da UNED, mais fica aberto a todo o público en xeral.

Sede benvidos. Se queredes facerme chegar as vosas preguntas, podedes enviádeme un emilio.

Xavier Frías Conde

2 comentarios:

rouquinho dixo...

A verdade é que é unha ferramenta moi útil e de moi bo acceso, se ben algunhas as entradas son para estudantes avanzados, coido que se pode dicir que en xeral é un blogue moi completo... Heiche propor un reto agora... 'ñ' ou 'nh'? Ben sei o que dí a RAG e o normativo, mais... Está aceitado coma válido o uso do 'nh' coma ocorre na língua irmá?

Un saúdo e parabéns polo traballo

ALEX

Estudante de 2ºA Língua Estranxeira no CES Don Bosco (Madrid)

Xafrico dixo...

Bo, eu coido que 'ñ' é o signo máis propio da lingua castelá que existe, por moito que se queira xustificar na ortografía galega actual. Se por min fose, non se usaría en galego, mais á vista de teño que me cinguir ás normas ortográficas en vigor, pois aí está.